13 de xuño de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO 2023

 E como cada ano, o próximo mércores 21 de xuño celebramos o remate do curso cunha festaza por todo o alto, onde haberá inchables, inchables de auga, festa da espuma e merendola!!! 

Vide pasar unha tarde estupenda!! De 5h a 8h no cole!! E non esquezades o bañador e a toalla!!

Organizada pola Anpa Madreboa :D



XLI OLIMPIADA ESCOLAR DE MOAÑA

 Como cada ano participamos nas olimpiadas escolares que organiza a Federación de Anpas, o Concello e o Club de Atletismo de Samertolameu. Pasamos un día incrible cheo de deporte e confraternidade cos outros coles e anpas. Ademais de acadar o noso cole o segundo posto, a tan só 6 puntos dos gañadores/as de Quintela, parabéns a Quintela e sobretodo parabéns aos nosos peques por facelo tan ben!!
Viva Tirán!!
 

 





11 de maio de 2023

Colaboradores do XXXIII CROSS ESCOLAR DE TIRÁN

 Sen todos aqueles comercios que colaboraron este cross non sería posible!! Moitas grazas, de corazón!!

Consume comercio local!! Consume en Moaña <3

 

Bótalle un ollo no Youtube :D

 


 

 

 


18 de abril de 2023

XXXIII CROSS ESCOLAR CEIP TIRÁN

 

 XXXIII CROSS ESCOLAR CEIP TIRÁN 

E como cada ano, chega unha das citas deportivas máis importantes, o noso cross de Tirán!! Será o 14 de maio a partir das 10:30h da mañá. 

Grazas a Crossfit La Bodega teremos aparcamento para a xente que se achegue a participar ou a ver as diferentes carreiras. Tamén teremos unha pequena cantina para eses pais e nais sedentos de tanto ver correr e, sobre todo, será un día de festa e animación deportiva, non o perdas!! 

E se ti tamén queres colaborar con nós podes facelo a través da seguinte ligazón:
https://gofund.me/d4a5e09a https://gofund.me/d4a5e09ahttps://gofund.me/d4a5e09a

Bótalle un ollo ao noso cartel e anótate!! 






1 de abril de 2023

Colabora co Cros de Tirán, polos nenos e nenas de toda a comunidade educativa!!

 Desde a Anpa Madreboa loitamos moito para que os nenos e nenas do cole e da comunidade educativa local poidan disfrutar das actividades que organizamos. Unha das máis importantes é o cross, xa que une deporte e diversión nun día cheo de emocións e ilusión. Para poder levalo a cabo fan falta uns recursos económicos que a asociaicón non ten, polo que sempre traballamos moito para conseguilo. Este ano decidimos non abusar do pequeno comercio, porque sempre nos axudan moito e cada vez o pasan peor para poder doar, desde aquí agradecemos a súa axuda e defendemos o pequeno comercio local!!

Polo tanto tivemos que darlle ao cerebro para poder solucionar o tema da financiación... e aquí estamos, pedindo colaboración a través dunha campaña de crowfunding, onde todos e todas podemos facer unha pequena achega e continuar así co noso cros, un evento clásico da nosa contorna que sería unha mágoa perder. 

Anímate e colabora, co que poidas!! Todo é máis ca benvido!! 💜   

https://gofund.me/b135bd9a