4 de maio de 2025

Normas XXXV Cross Escolar e Popular Ceip Plurilíngüe Tirán

 





Normas para un bo desenrolo do XXXV Cross Escolar e Popular Ceip Tirán:


  1. Non se permite que as nais/pais corran cos participantes durante o transcurso das carreiras. Excepto na carreira de Olimpicos, na cal podrán. acompañar os participantes sempre sen empurrar, arrastrar ou lebar en brazos.


  1. Un mesmo corredor podrá participar en todas as carreiras que queira ainda que só optará ao premio que lle corresponda pola súa categoría (según o ano de nacemento).


  1. Na saída “B” instalarase unha zona “Cámara de chamadas vallada” en donde se deixarán os participantes alí para a concentración antes do hora de saída da sua carreira.

(Pitufos 4 / Pitufos 5 / Minibenxamin / Benxamin).



18 de setembro de 2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 24/25 - CEIP TIRÁN

 Familias do cole de Tirán, deixamos info sobre as actividades extraescolares, por se queredes ver un chisco máis en que consisten. Adxuntamos tamén o papel das actividades e da cota de socio/a por se o queredes descargar. 

Comezamos un novo curso e, coma sempre, a ANPA Madreboa está a xestionar actividades e eventos que enriquecen a vida dos e das peques do cole. 

 

Asóciate, é moi importante.

 

Club de Lectura Manga:

Creatividade, Socialización, Promoción da lectura. Fomenta o interese pola
cultura xaponesa.

Aquí poderás intercambiar opinións, descubrir novos títulos, participar
en debates e actividades temáticas e atopar amig@s con intereses semellantes.

Recuncho Científico:

A finalidade desta actividade é acercar os nenos/as á ciencia; mediante experimentos
e traballo de ensaio e erro. Promovendo a investigación e as curiosidades da ciencia. 

Balonmán:

 

O Balonmán é un dos deportes máis interesantes e efectivos para o
benestar físico e a saúde.O adestramento deste deporte deriva na mellora
cardiovascular, fortalecer os músculos e aumentar a flexibilidade.

Linguaxe de signos.

 

A Linguaxe de signos permite unha nova forma de comunicarse de forma eficaz
mentres aprenden a perfeccionar os sons orais.

É fundamental para mellorar a inclusión das persoas xordas na sociedade.

Baile galego

Ademais da súa importancia cultural, o baile galego tamén ofrece beneficios
físicos. Os movementos rítmicos e coordinados axudan a desenvolver a
coordinación motora dos nenos, mellorando o equilibrio, axilidades e control
corporal.

Tricking

A práctica do Tricking implica coordinación de diferentes partes do corpo en
movementos complexos, o que pode mellorar a coordinación e o equilibrio.
Dominarás novos movementos e acrobacias que aumentarán a túa autoestima e
confianza.

Canto e Pandeireta

Desenvolverase o ritmo e a musicalidade a través das cancións. Os nenos e
nenas mellorarán a súa fala e o significado das palabras, expresarán emocións nas
súas letras, desenvolverán habilidades auditivas e musicais...

 

Ecoarte

Desenvolverán diferentes técnicas de arte: música, pintura debuxo, cerámica entre
outras manualidades e manualidades ecolóxicas. Utilizaremos material reciclado para
promover o respecto e a concienciación da natureza e o medio ambiente. 

Fútbol

O fútbol ensina a adquirir habilidades físicas e axuda a ter un correcto
desenvolvemento e a potenciar as capacidades en todos os aspectos da vida.

Animación á lectura:

Ler é unha actividade que axuda a madurar neurlóxicamente e desenvolve habilidades
lingüísticas, sociais e emocionais.

Loita (Jiu jit su)

O Jiu Jit Su ofrece un adestramento cardiovascular divertido e exixente para os nenos
e nenas, que lles encantará practicalo. Básease na protección e no respecto, valores
moi importantes.

Cociña

A cociña axuda ao desenvolvemento de habilidades importantes como o pensamento lóxico,
a coordinación e a creatividade. Tamén descubrirán novos ingredientes, sabores e
culturas culinarias.

Xogos Dinámicos:

Os nenos divertiranse cos diferentes xogos lóxicos, dinámicos, contacontos (feitos
polos nenos/as do vocabulario que eles escollan. A finalidade desta actividade é
traballar a imaxinación, a creatividade e o adestramento de procesos mentais, sempre a
través dos xogos. 

Patinaxe

A práctica da patinaxe mellora a coordinación, equilibrio e a concentración.

Música

A música axuda a xestionar as emocións e brinda un medio perfecto de expresión de
calquera sentimento.

Gaita e percusión

Os nenos e nenas aprenderán a tocar instrumentos tradicionais galegos. Aprender a
tocar un instrumento axuda a potenciar o oído musical e a aprender sobre o ritmo e
a melodía.

Inglés Divertido (Fun English)

As nenas e nenos aprenderán inglés dunha maneira lúdica e participativa. Nesta actividade adentrarémonos nun mundo cheo de xogos, cancións e actividades interactivas e cooperativas, que nos permitirán mergullarnos no idioma dunha maneira divertida e motivadora.

Baile Moderno:

Con esta actividade preténdese fomentar unha primeira aproximación ao baile cun
ambiente divertido e creativo, onde os nenos e nenas realizarán un traballo progresivo,
sendo así capaces de coñecer o seu propio corpo e as súas posibilidades de movemento.

Xadrez

O xadrez favorece o desenvolvemento da capacidade intelectual, da memoria, ao ter que
reter as xogadas e movementos a curto prazo, elevando a capacidade de atención e
concentración e a disciplina.

Música e Movemento

A música e o movemento mellora a psicomotricidade grosa, a coordinación e o equilibrio.
Axuda aos nenos e nenas de forma creativa a desenvolver a confianza en si mesmos e
autoestima. Favorecen o desenvolvemento físico, social, emocional e cognitivo.

Taekwondo

Esta actividade axudará aos nenos e nenas a mellorar a súa coordinación, equilibrio,
flexibilidades e estado físico en xeral, ao mesmo tempo que lles ensina habilidades
de autodefensa. Promove a concentración e confianza, ademais de axudar a desenvolver
un forte sentido de disciplina e determinación.

Baloncesto

O Baloncesto axuda a aumentar a resistencia, a axilidade e a rapidez. Tamén unha maior
concentración e unha rapidez nos reflexos. 

Manualidades

As manualidades potencian a creatividade, concentración e aumenta a psicomotricidade
fina e a paciencia. Os nenos e nenas poderán expresarse e mostrar o mundo tal e como
eles o ven.

 

FICHA DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES E A COTA DE SOCIO/A: